quinta-feira, 9 de dezembro de 2010

segunda-feira, 22 de novembro de 2010

segunda-feira, 6 de setembro de 2010

domingo, 5 de setembro de 2010

quarta-feira, 25 de agosto de 2010

recursos naturais do Exipto Antigo

numismática


- numismática - Ciencia que estuda as moedas en todos os seus aspectos e todo o relacionado con elas.

- moeda - [segundo Delogu] - Obxeto, xeralmente metálico, fundido ou acuñado, de natureza e peso determinados, dotado dun valor legal normalizado como medida de cambio mediante a garantía dunha autoridade impresa nel.
Como obxeto arqueolóxico, as moedas posúen unha forte carga de información interna (iconografía, cronoloxía...). Ao ter indicada a ceca e a data de acuñación, ten un valor cronolóxico intrínseco, indicando un terminus post quem.

ZARZALEJOS PRIETO, MAR; "La Arqueología: disciplina científica y praxis profesional". En: Arqueología (I). UNED, 2003.

sexta-feira, 20 de agosto de 2010

o imperio romano de Diocleciano




* Fonte da imaxe: Enciclopedia Galega Universal. www.egu.es


visita virtual á Capela Sixtina


Visita virtual á Capela Sixtina.
No seguinte enlace: http://www.vatican.va/various/cappelle/sistina_vr/index.html

sexta-feira, 4 de junho de 2010

Guerra dos Trinta Anos.






Esquema sobre a Guerra dos Trinta Anos (1618 - 1648), feito a partir da seguinte bibliografía, que é a recomendada para a asignatura na UNED, unida ao libro de Luis Ribot, Historia del Mundo Moderno, da editorial Actas.

- FLORISTÁN, A (coord.) – Historia Moderna Universal. Ariel Historia.
- MUNCK, THOMAS. – La Europa del s. XVII. 1598 – 1700. Akal.
- BERGIN, JOSEPH. – El siglo XVII. Editorial Crítica.
- BENNASSAR et alii. – Historia Moderna. Akal.
- KINDER, H & HILGEMANN, W. – Atlas Histórico Mundial (I)Ed. Itsmo.

* En castelán.


quinta-feira, 28 de janeiro de 2010

cronoloxía OS REIS DE GALICIA

Os reis de Galicia dende o 410 ao 1504 aquí, ou premendo na imaxe.

sexta-feira, 22 de janeiro de 2010

Un mundo inxusto.



*** Actualización dos datos que aparecen no texto ***


- Poboación mundial (ano 2009) - 6.800 millóns
[Estimación para 2011 - 7.000 millóns]
- Poboación dos países ricos (ano 2009) - 1.200 millóns (17,6 %).
- Poboación dos países empobrecidos (ano 2009) - 5.600 millóns - (China - 1.300 millóns) - (83%).
- Taxa de crecemento anual da poboación - 1,2 %.
* Norte - 0,2% / Sur - 1,4 %
- Taxa de fecundidade - 2, 6
* Norte - 1,7 / Sur - 2,7 (Países máis pobres: 4,6)
- Envellecemento da poboación nos países desenvolvidos. Estímase que en 2050 os países máis desenvolvidos só conten co 11% da poboación con idades comprendidas entre 15 e 24 anos.
- Valores medios de mortalidade infantil -
* Países máis desenvolvidos - 6%o / Países menos desenvolvidos - 50%o.

Fontes:

- Population Reference Bureau (http://www.prb.org).
- United Nations (http://www.un.org/es).
- PNUD (http://www.undp.org/spanish).

Asignatura: Xª DOS GRANDES ESPAZOS MUNDIAIS (I)

quinta-feira, 21 de janeiro de 2010

Os emires omeias de al-Andalus.

O emirato omeia de Córdoba é un espazo político musulmán na península Ibérica entre os anos 756 e 929, que abarcaba todo o territorio desta, excepto Galicia. Os límites entre ambas entidades político-xeográficas – Galicia e al-Andalus – estaban marcados polas serras de Aralar e Urbasa (sendo a zona vasca de Galicia), o río Douro, o Tormes e o Texo dende a desembocadura do Alagón ata a costa (pertencendo Satarém e Lisboa a al-Andalus).
Tras o dominio musulmán da península Ibérica entre o 711 – 716, favorecido pola descomposición do estado visigodo, no contexto da expansión da dinastía omeia de Damasco polo norte africano, configúrase no occidente europeo un espazo de poder islámico, al-Andalus, dependente do califato omeia, que basa o seu control do territorio no pacto ca aristocracia local (cristiá ou muladí) e no mantemento da estrutura eclesiástica como medio de control social, sendo os gobernadores musulmáns os xefes da Igrexa hispana. O emirato andalusí padece o problema do enfrontamento entre os grupos de conquistadores establecidos na península (bereberes, yemeníes e qaysíes; sirios dende 741) polo reparto de terras.
No ano 750 os omeias de Damasco son derrocados por unha revolta social e relixosa que provoca o ascenso dos abasís, clan rival. Os omeias fuxidos da matanza abasí, dirixidos por Abd al-Rahman, acoden a al-Andalus e, a través das antigas clientelas sirias dos omeias establecidas alí, pretenden que o príncipe omeia sexa recoñecido como emir andalusí polo gobernador de Zaragoza, al-Sumayl, da tribu dos qaysí; ante a negativa deste, os omeias rompen a alianza cos qaysís (tribos do norte de Arabia) e co apoio dos iemenís (tribos do sur de Arabia) proclaman emir en Córdoba a Abd al-Rhaman no ano 756. Este establecemento no occidente do Mediterráneo dun emirato independente do poder central do Islam, instalado en Bagdad dende 762, é posible pola incapacidade dos abasíes de intervir militarmente en al-Andalus ó carecer de bases seguras no norte de África, dominada polas tribus bereberes; mais, a independencia política non exclúe a relación comercial, relixiosa e cultural co oriente islámico, acentuada dende Abd al-Rahman II (822 – 852), co recoñecemento da independencia cordobesa por Bagdad.
O poder dos emires omeias en al-Andalus enfróntase cas resistencias ó centralismo cordobés nas zonas gobernadas por muladís (cristiáns convertidos ó Islam), relacionadas con conflictos sociais polo aumento dos impostos e o favoritismo dos omeia polos musulmáns inmigrados fronte ós hispanos conversos. En política exterior, al-Andalus establece alianzas con Bizancio, constatadas polo intercambio de embaixadas, con quen tén en común o inimigo abasí, e debe facer fronte á ameaza das incursións vikingas e ó control franco de Cataluña. As relacións con Galicia oscilan entre a colaboración e a aceptación da vasalaxe dos reis galegos con respecto a Córdoba e o enfrontamento, apoiando os galegos as revoltas muladís.

O primeiro emir cordobés independente, Abd al-Rhaman I (756 – 788), reorganiza o exército andalusí, confiando o seu mando a clientes omeias de probada fidelidade. Con este exército, base do seu poder, sofoca as rebelións de iemenís e qaysís, aliados agora ós abasís, dos anos 763, 766 e 774. Ademais, os bereberes jarichitas sublévanse contra Córdoba, dominando a zona entre o Texo e o Guadiana entre 766 e 776. No norte, Carlomagno, que entraba na península a petición do gobernador zaragozano Sulayman ibn al-Whahid, que pretendía formar unha coalición entre Barcelona, Huesca e Zaragoza contra Córdoba, é derrotado polos montañeses en Roncesvalles (778); Zaragoza é tomada polas tropas emirais, pero o secesionismo continúa na zona, o que explicaría a entrega de Girona, Urgel e Cerdaña ós francos.
Durante o goberno do primeiro omeia ten lugar o concilio de Sevilla do 784, que acepta a doutrina adopcionista de Elipando de Toledo (Cristo como fillo adotivo de Deus en canto á súa natureza humana), provocando a afirmación da ortodoxia antiadopcionista no reino galego, e con ela, a ruptura da primacía de Toledo sobre a Igrexa hispana, apoiada por un sector político contrario á colaboración con Córdoba e favorable ó imperio franco.
Hisham I (788 – 796) consolida o dereito coránico, adoptando a codificación malequí como texto oficial e único para os xuristas peninsulares, por influencia de alfaquís (expertos en xurisprudencia islámica) desta escola xurídica.
Baixo Al-Hakam I (796 – 822) aumentan os enfrontamentos cos francos no noreste e as sublevacións internas, obrigando a unha suba de impostos que é causa de revoltas sociais, alentadas polos alfaquís. As dificultades en al-Andalus coinciden co afianzamento da monarquía galega en Oviedo.
En 797 unha rebelión en Toledo é reprimida duramente polo muladí Amrús, enviado por Córdoba, que non impide novos brotes secesionistas na zona en 811 e 829, ca rebelión do ferreiro Hashim. É Amrús tamén, valí de Huesca, quen reprime unha revolta en Zaragoza mais, á súa morte, en 812, os banu Qasi, independentes practicamente na zona antes dos omeia, aliados dos pamploneses, rebélanse contra Córdoba e toman Pamplona, ocupada polos francos, en 816.
Os muladíes de Mérida mantéñense sublevados contra Córdoba entre 805 e 813, ós que se alían os cristiáns emeritenses e os bereberes de Lisboa.
Na propia Córdoba fora abortada en 805 unha conxura dos nobres e os alfaquíes contra o emir por causa dos impostos que, según eles, eran ilegais; a dura represión e o recurso ó mercenariado cristián como guardia persoal aumentou o descontento, lanzando os alfaquíes unha campaña axitadora contra o emir denunciando a súa vida pouco acorde co Corán que estallou no motín de artesáns e comerciantes do Arrabal de Secunda no 818, duramente reprimida.
Tras as dificultades de Al-Hakam, o emirato de Abd al-Rhaman II (822 – 852) é un periodo de maior estabilidade, de centralización administrativa e prosperidade económica, que se reflexa na auxe das construccións públicas. O novo emir busca a alianza cos alfaquís, reducindo o nivel de tolerancia cara os cristiáns, o que provocou dúas tendencias na comunidade mozárabe: a imitación da cultura árabe (maioritaria) e a actitude fanatizada, defensora do martirio, que se reforza ca decapitación pública do clérigo Perfecto por insultar a Mahoma en 850 e ca condena do martirio no Concilio de Toledo de 852.
Abd al-Rhaman enfronta conflictos secesionistas en Toledo, que é practicamente independente dende a rebelión de Hashim (829) ata 837, Mérida, de novo protagonizado por bereberes e muladís, entre 828 e 834, e a revolta de Musa, xefe dos banu Qasi, en Tudela, que se mantén independente, co apoio navarro, entre 842 e 859.
En 844, o saqueo normando de Gijón, Lisboa e Sevilla, leva á colaboración entre al-Andalus e Galicia contra os vikingos e á creación dunha flota andalusí para a defensa costeira, que permite a conquista das Baleares en 848. O apoio de Musa contra os normandos fortalece a súa independencia fronte a Córdoba, mais nunha nova incursión daqueles en 858, que fan prisioneiro ó rei navarro sen que Musa lle preste axuda, racha a súa alianza con Navarra, que o derrota xunto con Galicia en Albelda no 859, aínda que o secesionismo na zona continúa baixo Muhammad I.
Con Abd al-Rhaman II aumenta a arabización de al-Andalus pola gran afluencia de científicos, literatos e personaxes cultos de Oriente, que sustitúen ós mozárabes na administración do emirato.
Ante o fracaso da política represiva de Abd al-Rhaman II contra os cristiáns, Muhammad I (852 – 886) busca o entendemento con estes, liberando ós dirixentes mozárabes detidos polo anterior emir, que persisten no seu fanatismo, dirixidos por Euloxio de Córdoba. Ante o fracaso deste acercamento, Muhammad I ordena a execución de Euloxio en 859; ademais, establece a obriga de conversión ó Islam para os funcionarios emirais, o que provoca a emigración mozárabe cara o norte.
As rebelións secesionistas do goberno de Muhammad teñen en común o apoio galego.
En 852 prodúcese un levantamento en Toledo, apoiado por Galicia. A pesar de ser derrotados polo poder emiral os toledanos e o exército de Gatón do Bierzo que enviara Ordoño I na batalla de Guadalcelete (854), as sublevacións na zona repítense en 876, 886 e 888. No 868 sublévase en Mérida Ibn Marwan, “o galego”, quen, derrotado e integrado no exército emiral, logra fuxir e facerse forte na zona de Badajoz hacia 874, derrotando as tropas emirais en 876 ca axuda de Afonso III. En 877 Marwan abandona Badajoz e refúxase en Galicia, pero volve novamente en 884, manténdose el e os seus fillos independentes de Córdoba ata 929.
Con Al-Mundir (886 – 888) prodúcense unha nova rebelión en Toledo en 888, apoiada polos bereberes de Santaver, os banu Qasi e Galicia, manténdose a cidade independente de Córdoba ata 912 a causa dos problemas que para o poder emiral plantexaba a rebelión de Umar ibn Hafsún en Bobastro, que aglutina as protestas muladís da zona contra os impostos, alentando outras revoltas en Jaén, no Algarve, en Sevilla e Granada.
Con Abd Allah (888 – 912) culmina o debilitamento do poder emiral; á independencia de Toledo, Badajoz e Bobastro únese a rebelión dos tuchibís en Zaragoza en 890, que se manteñen independentes ata o 937, a independencia de Pechina, constituída como república de artesáns e comerciantes, e as revoltas sociais de Sevilla e Granada, dirixidas contra a aristocracia árabe, que se afianzara no poder destas cidades co debilitamento do poder emiral, e que desemboca na independencia de Sevilla en 895.
O emir Abd al-Rhamán III logra entre 912 e 929 a pacificación de al-Andalus e proclámase califa en 929, poñendo fin á dependencia relixiosa (teórica) de Bagdad, como reacción ó movemento fatimí que pretende reunificar o Islam dende o o norte de África.
Despois da cuestionada autoridade de Córdoba durante o periodo emiral o califato representa unha época de prestixio da monarquía teocrática cordobesa, basada no poder militar, de prosperidade económica, acadada gracias ó control das rutas do ouro africano, e esplendor cultural.

BIBLIOGRAFÍA
- MARTÍN, J. L; La España medieval. Historia 16.

terça-feira, 12 de janeiro de 2010

Os loiros omeias

Segundo o poeta e filósofo Ibn Hazm "os omeias eran todos loiros, por herdanza das súas nais, e esta cor veu a ser neles conxénita".
Existía un activo mercado de escravos no centro e este europeo*, fornecedor de soldados para o exército califal cordobés do s. X e inicios do XI e de eunucos e mulleres para o harén.

* A palabra escravo deriva, precisamente, de eslavo; na al-Andalus califal (929 - 1031) denominábase eslavos a todos os escravos procedentes do este de Europa, pasando logo o termo a designar a todos os escravos europeos ao servizo do califa.

De:
- MARTÍN, J. L; La España medieval. Historia 16.

- LEWIS, BERNARD; Los árabes en la historia. Edhasa.

Inb al-Jatib

Poeta, escritor, historiador, médico e filósofo nacido en Loja, Córdoba. 1313 - 1374.
Vida e obra aquí: interesante artigo titulado Ibn Al-Jatib, el polígrafo insomne.

quarta-feira, 6 de janeiro de 2010

arte grega antiga: ESCULTURA (a)

Evolución da figura masculina na estatuaria grega (en castelán).
Ver aquí.

A predilección pola figura masculina na estatuaria grega é reflexo dunha sociedade antropocéntrica e androcéntrica.
A través dos tipos escultóricos masculinos podemos rastrexar a evolución dos modelos político-sociais do mundo heleno, dende a sociedade aristocrática do periodo arcaico (kouroi) ata os réximes das monarquías helenísticas (retratos de soberanos), pasando polo momento de esplendor da polis democrática (esculturas de tiranicidas, alegorías de fazañas cidadás nos templos, etc).