terça-feira, 16 de setembro de 2008

NOTAS SOBRE "Xª DE ESPAÑA"

* Se algo aprendín en Xª Física de España é que non ten sentido ningún, nin desde o punto de vista do relevo, nin do clima, nin do estudo das augas, nin da bioxeografía a diferenciación entre os estados español e portugués. Polo tanto, sería desexable estudar Xª Física da Península Ibérica no primeiro cuadrimestre.
As unidades didácticas desta asignatura (de Tomás Franco Aliaga) son moi didácticas (redundancia) e aproveitables, e no foro de debate o Equipo Docente atende as consultas rapidamente. Unha pega: moitos topónimos galegos aparecen deturpados.
As asignatura é algo complicada, pois hai que comprender ben e memorizar bastantes termos e conceptos.
Os mapas son do foro de debate da asignatura (ano 2007/2008), colgados polo equipo docente.
A guía para comentar un climograma é a que elaborei e utilicei eu para o exame.

Sem comentários: