sexta-feira, 12 de setembro de 2008

COMENTARIO DE CLIMOGRAMAS

COMENTARIO DE CLIMOGRAMAS DE
CLIMAS PENINSULARES ESPAÑOIS

* O obxectivo é deducir o tipo de clima e a posible ubicación do observatorio no que se tomaron os datos para elaborar o climograma. Hai que ter estudiadas as carácterísticas dos climas peninsulares, obviamente.

I. Análise das CARACTERÍSTICAS TÉRMICAS.
(Elementos a analizar e a ter en conta).
- Temperatura media anual.
- Temperatura do mes máis frío
(xaneiro; o mes máis frío nalgúns puntos costeiros é febreiro).
· Meseta N. 3 – 4 ºC.
· Meseta S. 4 – 6 ºC.
· Val do Ebro. 4 – 6 ºC.
· Guadalquivir. 8 – 12 ºC.
- A igual latitude, a costa mediterránea é máis cálida que a atlántica, excepto na parte septentrional a partir do paralelo 40º (por efecto da deriva noratlántica).
- A costa cantábrica é máis fría que a galega durante o inverno.
- Temperatura media do mes máis cálido (xullo no interior; agosto na costa).
- Amplitude térmica anual.
· NO. Menor amplitude térmica peninsular.
· Costa mediterránea: maior amplitude térmica que a atlántica.
· Meseta S. Maior amplitude térmica peninsular.
[A análise das características térmicas indícanos en que hemisferio está situado o punto de medición, se este está na costa ou no interior e aproxímanos á zona latitudinal na que se atoparía (zona de climas temperados do hemisferio N, no caso dos climas peninsulares españois).]


II. Análise das CARACTERÍSTICAS PLUVIOMÉTRICAS.
- Volume total das precipitacións.
+ 1.000 mm
· CLIMAS DE MONTAÑA
· CLIMA OCEÁNICO TEMPERADO-HÚMIDO Cfb
+ 800 mm (ZONA HÚMIDA)
· CLIMA OCEÁNICO DE TRANSICIÓN Cfb
600 a 800 mm (ZONA SEMI-HÚMIDA)
· CLIMA OCEÁNICO DE TRANSICIÓN Cfb / Csb
· MEDITERRÁNEO SUAVIZADO ou CATALÁN Cfa
400 a 600 mm (ZONA SECA)
· MEDITERRÁNEO CONTINENTALIZADO Csb / Csa
· OCEÁNICO FRÍO Csa
400 – 500 (ZONA SECA)
· MEDITERRÁNEO SECO ou LEVANTINO-BALEAR Csa
-400 mm (ZONA ÁRIDA)
· MEDITERRÁNEO ÁRIDO BSh
-200 mm (ZONA ÁRIDA)
· MEDITERRÁNEO DESÉRTICO BW
* Fórmula Köppen/Patton para a delimitación dos climas áridos (esteparios ou desérticos) basada no concepto de evapotranspiración ou cantidade de auga susceptible de perderse en forma de vapor, nun territorio concreto, pola evaporación do chan e a transpiración do manto vexetal.
E = 20·t + 490 – 7·PPW
(E=necesidade de auga / t = temperatura media anual / PPW = porcentaxe de chuvias caídas entre outubro e marzo, ambos incluidos)
Se E é maior que as chuvias: é un clima estepario (BS).
Se E é o dobre que as chuvias: é un clima desértico (BW).
- Réxime pluviométrico (determinante para definir un clima).
· ATLÁNTICO – Maior volume de precipitacións en inverno, entre novembro e febreiro. O verán non é completamente seco (+ de 30 mm en cada mes estival).
· INTERIOR – Maior volume de precipitacións en primavera.
· MEDITERRÁNEO – Maior volume de precipitacións nos equinoccios, sobre todo no outono.
* Hai que ter en conta que as zonas climáticas de transición combinan características dun ou doutro dominio climático.

Sem comentários: