sábado, 20 de setembro de 2008

ARTE MEGALÍTICO

NEOLÍTICO-CALCOLÍTICO: ARTE MEGALÍTICO
V – III milenio A. C.



Casa da Moura, Queguas (Entrimo-Ourense).
Foto: Alfonso Campos.


PINTURAS E GRAVADOS PARIETAIS

Distintas técnicas de gravado.
Pintura de coloración vermella e negra, ás veces sobre fondo branco.
Ex. Dolmen de Dombate. – Superficie parietal enlucida cun revoco branco a base dunha mistura de caolín cun aglutinante a base de manteiga de vaca; sobre o fresco pintáronse motivos en vermello con óxido de ferro e detalles negros cunha rama vexetal queimada.
Motivos: predominio de formas xeométricas [serpentiformes, zigzags, ondulacións, cazoletas, esteliformes (ou heliomorfos)… ] sobre antropomorfos e zoomorfos.
Esquematismo.
As formas xeométricas soen cubrir a superficie do ortostato, repetindo o motivo por toda a parede. Posibles escenas: ex. Orca dos Juncais.

Cámara do Dolmen de Dombate.
Foto: José Pereira (aquí).

Distribución xeográfica
Predominio de megalitos grabados e pintados no NO (conxunto máis rico en arte parietal) e SO peninsular, aínda que hai monumentos decorados en todas as zonas con construcións megalíticas.


NE
Las Gabarras.
Cova d’en Daina.

NO – megalitismo galaico – Conxunto máis rico en arte parietal.
Alijó.
Dolmen de Antelas. – Paneis pintados en vermello e negro con motivos xeométricos.
Motivo antropomorfo con extremidades en arco. Pedralta.
Orca de Tanque.
Padrao.
Orca dos Juncais. – Escena de caza pintada en vermello na que interveñen personaxes armadas con arcos que se enfrontan a unha manada de cérvidos.
Fontao. – Zoomorfo esquemático.
Carapito I. – Esteliformes e meandros.
Escariz. – Serpentiformes.
Dombate. – Pinturas e gravados parietais en cámara e corredor e presenza de “idoliños”. Gravado denominado “A Cousa”, trazado trapezoidal de difícil identificación. Os motivos pintados son bandas reticulares en vermello que acotan espacios romboidales, perfiladas de puntos vermellos e negros sobre fondo branco.
Pedra Coberta. – Ortostatos decorados con pinturas e gravados.
Casa dos Mouros.
Espiñaredo.
Roza das Modias, Vilalba.
Parada de Alperíz, Pontevedra.
Mámoa de Braña.
Dolmen de la Santa Cruz, Cangas de Onís, Asturias.
Peña Tu, Asturias. – “Estatua-estela” antropomorfa non exenta ubicada nun afloramento rochoso que domina o territorio, actuando de punto referencial da necrópole tumular de Sierra Plana. Antropomorfo decorado por bandas de triágulos coa silueta dunha arma ao lado. [Motivo similar ao presente en menhires de Sejos, Cantabria]. [Posiblemente adscrito ao Calcolítico].

Interior peninsular.
El Moreco, Burgos. – Figuras humanas en vermello.
Cubillejo de Lara. – Zoomorfos e motivos xeométricos.
Azután y La Estrella, Toledo.

SO
Anta Granda de Zambujeiro.
Nora Velha.
Vega del Guadancil.
Granja de Toniñuelo.
Huerta de las Monjas.
Los Millares. – Referencias a grabados e pinturas vermellas sobre fondo branco nalgúns monumentos.

IDOLIÑOS”- Presentes no conxunto galaico de monumentos megalíticos.
Pezas de pedra de bulto redondo atopadas en monumentos funerarios megalíticos. De tipoloxía variada, dende meros cantos rodados a pezas de aspecto antropomorfo.
Ex. Idoliños de Dombate.

ESTELAS
Estelas: laxas decoradas por unha cara.
Ex. Sepulcro Moreno-3, necrópolis de Fonelas, Granada.
– Antropomorfo enmarcado por liñas en zigzags.

MENHIRES
Estatuas menhir: obxeto de tendencia escultórica con decoración por case toda a superficie.
Lapa de Gargantáns, Moraña, Galicia.


Pedra Chantada, Vilalba, Galicia.
Pedra de Cristal, Ribeira, Galicia.
Marco da Pena Longa, Sober, Galicia (aquí).
Sejos, Cantabria.
Navalcán, Toledo. – Peza granítica de metro e medio de altura decorada por medio de incisións e baixorrelevos, de forma fálica. Motivos: serpentiforme vertical, cazoletas e outros.
Guadalperal, Cáceres. – Estatua de 2 m atopada na entrada da cámara do monumento megalítico homónimo, con liñas serpentiformes gravadas e cazoletas.
Soto, Huelva. – Antropomorfos, serpentiformes, armas…

A Arte Megalítica é unha arte funeraria. A iconografía megalítica reflexaría unha mitoloxía de tránsito entre vida e morte coa figura humana como protagonista (a pesares do predominio numérico das formas xeométricas): estelas, “idoliños”, menhires no interior e exterior dos monumentos, que serían elementos protectores da tumba.

BIBLIOGRAFÍA

- Menéndez Fernández, Mario (Coord.); Prehistoria y Protohistoria de la Península Ibérica. Tomo I. UNED. 2006. [Arte Postpaleolítico: Martí Mas Cornellà.]
- Menéndez Fernández, Mario (Coord.); Prehistoria y Protohistoria de la Península Ibérica. Tomo II. UNED. 2006. [Arte Postpaleolítico: Martí Mas Cornellà.]
- DE LA PEÑA SANTOS, ANTONIO; Galicia. Prehistoria, castrexo e primeira romanización. A NOSA TERRA. 2003. [A este libro pertencen os entrecomillados].
- SANCHIDRIÁN, J. LUIS; Manual de arte prehistórico. ARIEL. 2001.


Interesante!!!
Cículos líticos e pedras fincadas de Galicia en
http://onosopatrimonio.blogspot.es/tags/pedrafitas/
Imaxes da pintura do megalitismo galego en

Sem comentários: